IMG_20180525_132747 IMG_20180525_132803

 

Alberto Fereres veu ao noso colexio e amosounos en fotografías o centro de investigacións do C.S.I.C. que está en Madrid.

Falounos que as pragas producen un 33% de perdas na agricultura: 9% debidas a malas herbas, 11% a insectos, 13% a enfermidades (fungos, bacterias e virus). Ensinounos varias formas biolóxicas de controlar as pragas, como por exemplo: arrincar as follas infectadas e queimalas, poñer flores arredor do noso cultivo para que os sírfidos veñan e poñan as larvas e coman ós pulgóns, manipular xeneticamente as plantas para que sexan máis resistentes, por exemplo, coller unha substancia do pomelo e poñela no limoeiro, ect. Tamén explicounos que actualmente hai dúas pragas importantes en España , a dos citricos e a das oliveiras.

Contounos que Einstein dixo que sen abellas polinizadoras non teriamos vida porque as abellas fan o 80% da polinización, por iso formentar e conservar a biodiversidade é tan importante.