Esta mañá chegamos e sentímonos moi emocionados/as porque tiñamos 3 sírfidos na gaiola!
Ó principio estabamos moi ledos/as cando recibimos os ovos. Coidámolos moito pero non se converteron en larvas.
Pedimos outros ovos ó C.S.I.C e mandáronnos larvas. Unha delas parecía Spiderman, porque chegou a escaparse do recipiente.
Ó cabo do tempo transformáronse en pupas, hoxe, día 30 de maio, por fin eclosionaron os nosos sírfidos!