Ola a todos e todas os/as participantes no taller de agricultura sostible do proxecto CiudadCiencia!
Somos un grupo pequeno, de 18 alumnos/as, ós que nos gusta moito aprender, xogar e que nos divertimos moito xuntos. Traballamos en grupos cooperativos e en proxectos como este, sendo especialmente importante para nós o proxecto Cinema en curso no que tamén participamos.
O noso colexio é pequerrecho e por iso coñecémonos todos. Este ano temos un proxecto común para a mellora do patio que, aínda que é pequeno, divertímonos moito nel.
Vivimos nunha vila que se chama Cangas do Morrazo. Está na provincia de Pontevedra, en Galicia. Ten moitas praias e tamén contamos co incrible Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Xa comezamos as actividades do proxecto de agricultura sostible. O primeiro que fixemos foi intentar orientarnos para situar as parcelas de cultivo. Seguindo as indicacións dos científicos, buscamos métodos de orientación para saber onde colocalas, xa que tiñan que estar situadas ó sur ou o leste. Cada un de nós levou a clase información sobre distintas formas de orientarnos. Eliximos as que podiamos facer en horas de clase e descartamos a da Lúa. Organizámos por equipos, cada un levou a cabo un dos métodos. Estes foron:
– coa sombra dunha estaca
– coa saída do sol
– cun reloxo de agullas
– facendo un compás caseiro
Divertímonos moito e, cando rematamos, xa sabiamos onde colocar as parcelas.
Estamos moi contentos/as de participar neste proxecto, sabemos que imos aprender moitísmas cousas con vós, seguro que viviremos experiencias inesquecibles.
Grazas por ler a nosa presentación. Esperamos compartir moitas experiencias e que os vosos cultivos vaian vento en popa.
Bicos dende Cangas do Morrazo.
Adam, Nerea, Marco, Silvia, Dani, Clara, Xián, Iris, Telmo, Natalia, Aroa, Sami, Mateo, Alma, Brais P., Brais M., Eli, Abde e a nosa profe Ana
Aquí vos deixamos uns enlaces para que coñezades onde vivimos:
http://www.cangas.gal/turismo/index-turismo/es
https://www.parquenacionalillasatlanticas.com