Boas a todos e todas os participantes do Proxecto. Queremos contarvos como instalamos o composteiro e comezamos a facer a compostaxe para as parcelas.
Estivemos analizando o vídeo que hai colgado na web sobre como facer compostaxe e, entre todos/as, elaboramos un esquema. De seguido, montamos o composteiro pero non foi doado, tivemos que ler as instrucións e entendelas para poder encaixar as pezas e por fin conseguímolo. Despois eliximos un lugar para colocalo, tendo en conta que en verán tiña que estar á sombra e en inverno ó sol e ademais que debería haber un espazo libre arredor para poder traballar. Logo, por quendas, fomos sachando as raíces e herbas e pasamos o angazo para que quedase a terra chá. Pasámolo xenial!
Para organizarnos, fixemos unhas quendas para traer a clase residuos orgánicos secos e húmidos, xa que deben ser proporcionados. Se a compostaxe nos queda moi húmida temos que botarlle máis materiais secos, e se nos queda moi seca, temos que engadirlle auga.
Para que a compostaxe fose a fume de carozo, axudámola unha vez á semana co aireador e o acelerador. Tamén medimos a temperatura co termómetro sonda e rexistramos os datos e calculamos a media para saber se o proceso vai ben.
Por agora máis nada, estaremos en contacto.
Unha aperta.
¡Hola a Rúa!
Parece que el compost va por buen camino. Es importante ese equilibrio de humedad para que el proceso sea correcto. En cuanto podáis, mandadnos los datos de temperatura para poder compartirlos con los usuarios del blog.
Bo traballo! Unha aperta